
O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o verán, adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que a espalda. As femias conviven con unha ou dúas crías que tiveron no ano. No é raro que algunhas persoas, ó descubrir unha cría na espesura, a consideren abandoada e a leven. Este é probablemente o maior perigo ó que se enfrentan os corzos, pois rara vez adáptanse á domesticación e morren ós poucos días.Pola súa parte os machos soen ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. O corzo é unha especie cinexética en tódala súa distribución, sendo a su caza unha actividad moi frecuente en toda Europa central e na península ibérica. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o mar de Alborán.
En castelan: Corzo
0 comentarios:
Publicar un comentario