Traballo de galego

Benvidos

Arbusto: Toxo. (Ulex europaeus)


Descripcion:

Arbusto moi espiñento. De 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados.
Ramiñas hirsutas (con pelos), con pelos grises ou pardo-roxizos. Espiñas finais de 12-30 mm, largas, robustas e dereitas. Carece de verdadeiras follas.
Flores algo olorosas e con peliños, cáliz amarelo; pétalos de 13-20 mm, amarelo claro.
Froito negruzco de 11-20 mm, moi veloso de semillas un pouco tóxicas.
Febreiro a xuño. As veces tamén en outono (por suposto refírese o toxo arnal).
En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.
O toxo é de distribución atlántica dase en toda a fachada occidental europea.
En Castelan: Tojo

0 comentarios:

Publicar un comentario