Traballo de galego

Benvidos

Animais: Teixugo. (Meles meles.)



Descripcion:
De aspecto pesado e forte. O seu habitat case sempre é nas raíces das árbores sobre todo carballos.
Non moi lonxe están as súas letrinas ou cagadeiros, pequenos buratos na terra. A súa vida faina de noite. Come sobre todo vexetais, pero tamén insectos, miocas , caracois, lesmas, un pouco de todo.
É moi rutinario e así non é dificil de cazar.

En Castelan: Porco Teixo.

Animais:. Raposo. (Vulpes vulpes.)



Descripción:

O raposo é moi abondoso actualmente en Galicia. Non é un mamífero fluvial, nin moito menos, pero atópase con frecuencia en calquera lugar.

Temos levado moitos xustos, e digo temos, xa que tamén o raposo entra na historia. Ocorreu máis dunha vez, estando pescando, caladiño e quedo, moi quedo, de atoparme con este animal, totalmente por sorpresa. Xa o dixen : o susto foi grande polas dúas partes. O raposo é para mín un mamífero que admiro e respeto.

En Castelan: Zorro


Animais: Garduña (Martes foina.)


Descripcion:

Trátase dun animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe, os seus problemas principais son os incendios e a caza.

Non é dificil vela preto dos matorrais densos e altos. A Garduña inda é bastante común en Galicia.

É o terror dos galiñeiros, xa que o que non pode levar de tódolos xeitos dalle morte, logo, come o que pode e as veces quédase a dormir no galiñeiro. É a súa perdicción...

En Castelan:Garduña

Arbusto: Acivro. (Ilex aquifolium L.)


Descripcion:

O acivro (Ilex aquifolium L.) é unha árbore perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).

O nome do xénero procede do latín ilex, nome co que os romanos designaban a aciñeira (Quercus ilex), pola semellanza das súas follas coas desta árbore. O nome específico procede do latín acus, agulla, e folium, folla, por te-las follas espiñentas.

En Castelan: Acebo.

Arbusto: Toxo. (Ulex europaeus)


Descripcion:

Arbusto moi espiñento. De 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados.
Ramiñas hirsutas (con pelos), con pelos grises ou pardo-roxizos. Espiñas finais de 12-30 mm, largas, robustas e dereitas. Carece de verdadeiras follas.
Flores algo olorosas e con peliños, cáliz amarelo; pétalos de 13-20 mm, amarelo claro.
Froito negruzco de 11-20 mm, moi veloso de semillas un pouco tóxicas.
Febreiro a xuño. As veces tamén en outono (por suposto refírese o toxo arnal).
En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.
O toxo é de distribución atlántica dase en toda a fachada occidental europea.
En Castelan: Tojo

Arbustos: Xesta(Cytisus Scoparius L)



Descripción:

Ramillas xeralmente con 5 ángulos aplastados como costelas, as veces alados lateralmente.

Froito lampiño.

Arbusto de ata 3 metros, moi ramificado.

Ramas erectas, inclinadas ou tumbadas, verdes, as veces sedosas de xóvens.

Foliolos ovoides, con pelos adosados ou lampiños.

Arbusto: Arandeira.( Vaccinium myrtillus)


Descripcion:

A arandeira (Vaccinium myrtillus) é un arbusto da familia das ericáceas.
De pequeno tamaño, entre 15 e 35 cm, medra en bosques, páramos e en zonas de montaña. As pólas, verdes, son triangulares e as súas flores, pequenas e verdosas, teñen os pétalos xunguidos formando un globo. As follas son ovais, dentadas e puntiagudas. Raramente cultivadas, o seu froito, o arando, recóllese das plantas bravas, sobre todo en Escandinavia e Polonia. O fruto, comestíbel e de cor morada, ten taninos, ácido cítrico, ácido málico e, o que é infrecuente, ácido benzoico. En Galicia atópase nos montes non explotados por riba de 700 m.
En Castelan: Arándano.

Arbusto: Carqueixa. (Chamaespartium tridentatum).



Descripcion:
As carqueixas son bastante frecuentes, sobre todo onde hai matogueiras e brezais, en ríos das serras de Lugo e Ourense.
Trátase dun arbusto erecto moi ramificado e pode botar ata 70 cms. e inda máis. Ten a flores amarelas, como se ve na fotografía. As folliñas están estarricadas ó longo do tallo, esta é unha particularidade que a distingue perfectamente. Da carqueixa, falaba marabillas o Monxe Frei Martín Sarmiento, a quen se lle dedica o día das Letras galegas no 2002.
Na fotografía carqueixas en Chandrexa de Queixa, no río Navea.
En Castelan: Carquesa.